martes, 30 de diciembre de 2014

viernes, 12 de diciembre de 2014

OS PIRATITAS COLLEN DE NOVO RUMBO

Nesta ocasión imos cara Asturias, concretamente Xixón.

A novela "La Perrona" de Vicente Muñoz Puelles", foi o libro elixido para o novo rumbo.
A obra resultou galardonada co I Premio de Literatura Infantil "Libreros de Asturias" 2005.



Na presentación do libro prestamos atención á portada, á ilustración, falamos sobre os elementos que aparecen, quçe pode significar o título, qué pistas hai sobre o posible argumento da novela.

Nun mapa político de Europa, iremos marcando o percorrido dos nosos protagonístas con barquiños feitos de papel.
 

Ao regreso do Nadal, falaremos de todo isto.

¡¡¡¡FELIZ NADAL!!! 

jueves, 4 de diciembre de 2014

UN ESTUPENDO FINAL



Os piratitas tamén soltaron lastre e ... dunha forma estupenda, xa que se encontraron coa autora de "O agasallo de Anya",  Sabela Nuñez Singala, e puideron compartir con ela esa estupenda lectura coa que estivemos inmersos durante varias sesións.
 

Sabela apareceu coa súa maletíña , cunha amplo sorriso e ansiosa de ver os piratitas. Por outra parte, os piratitas tamén desde primera hora da mañá estaban ansiosos de provocar o encontro, pois comezaron a chegar os primeiros postres para compartir con todos e regalar a Sabela.


Na semana anterior entre todos fixemos un pequeno caderno que serviu para escribir todas as conclusións e agradecemento por unha lectura tan chea de valores, e que ela hoxe levou cunha grande ilusión na súa maleta que pouco a pouco se vai enchendo de  pequenos obxectos que teñen un denominador común.


GRAZAS POR RECORDARNOS ONDE ESTÁ REALMENTE A FELICIDADE :) :)



sábado, 15 de noviembre de 2014

OS PIRATAS XA SOLTAN LASTRE

Os piratas xa comenzaron a soltar lastre. finalizaron "Un radiante silencio"  de Agustín Fernández Paz
Una vez cuberta a ficha de lectura, púidose comprobar que a lectura gustou. Os gusto que apuntaron foron: O final, xa que é diferente.
Todo menos o final, xa que gustan os finais románticos.
É bastante real.
O final transcorre moi rápido.

Dende este blog queremos dar as grazas a "Agustín", por facernos pasar uns anacos agradables entórno á lectura..

Ata a próxima!!!!!!  





Próximo libro:

 "Contra el viento del norte"
de Daniel Glattauer



domingo, 26 de octubre de 2014

¡¡¡¡ TOOOOODO A BABOR!!!!!!!!!!!!






Os días 16 e 17 de outubro fai unha semana que levamos anclas. Unha vez repartidos os elementos que nos permitiran ter unha boa travesía, demos a coñecer as viaxes aos “Piratitas” e aos “Piratas”. 
 
 












Os “Piratitas” surcarán o mar de “O agasallo de Anya”, cuxa autora é a nosa querida compañeira “Sabela Núñez Singala.
Novela que nos vai levar por un mar no que imos divisar dous horizontes distintos. Ao longo da viaxe imos poder contemplar unhas paisaxes moi bonitas grazas aos trazos do ilustrador “Xosé Tomás”.

Os “Piratas” surcarán o mar “Un radiante silencio” de “Agustín Fernández Paz”, é un autor moi coñecido polos nosos viaxeiros, neste mar faranos sentir o gusto de navegar pola lectura en só 54 millas, nas que navegamos por:  especulacións, descripcións, emocións, inseguridades e desenlaces e que indica outros portos nos que nos podemos tamén anclar.
Gozaremos dunhas maravillosas vistas grazas ao ilustrador “Pablo Auladell” .

Na primeira baixada ao porto, tanto “os piratas como os piratitas”, manifestaron ampliamente o seu entusiasmo e fascinación polas viaxes propostas.

Grazas e … a seguir disfrutando!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!