martes, 9 de junio de 2015

BOAS VACACIÓNS



ACABA O CURSO 2014/15 NO IES ENRIQUE MURUAIS

E O CLUB DE LECTURA “OS PIRATAS DO EO” DESPÍDENSE ATA SETEMBRO


Os “piratitas” e os “piratas” do Club de lectura do IES Enrique Muruais de A Pontenova quere despedirse desde o blog cun: Ata o vindeiro curso!!



Coas nosas reunións semanais conseguimos crear un espazo único no que demos cabida á análise e á reflexión, compartido ideas e sentimentos. E todo mediante o xogo e o diálogo libre, que permitiu manifestar dúbidas, saciar curiosidades, e, sobre todo, coñecernos un pouquiño mellor e pasar momentos moi agradables. E todo esto arredor dun libro, que marabilla!... e dalgunha lambetada!!



A ninguén lle importou ser ou non o alumno máis brillante da clase, o máis ou menos popular, o mellor ou o peor deportista. Aquí só nos importa saber que desfrutas coa lectura.



Comezamos o curso desfrutando con “O agasallo de Anya” de Sabela Núñez Singala, profesora do noso Centro e coa que poidemos conversar sobre a súa experiencia. Continuamos con outras obras de Alfredo Gómez Cerdá, autor que tamén nos honrou coa súa visita. Seguimos con Vicente Muñoz Puelles, Daniel Glattauer, Isaac Asimov e finalizamos con Carlos Negro. Ah!! e non olvidar que recibiremos a Carlos Negro o 29 de setembro do novo curso.



Esperamos seguir adentrándonos no mundo da imaxinación con novelas de misterio, romántica, ciencia-ficción, cómic, realista ou fantástica… Pero no próximo curso que AGORA IMOS DE VACACIOOOOOOOOOOOOÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!