Comeza un novo curso, e dende a B.E. afrontámolo con ilusión e con ganas
de continuar fomentando o hábito de lectura do noso alumnado, co obxectivo de
axudarlles a medrar en coñecementos.
Este ano poñemos rumbo norte e diante de nós preséntase o apaixonante
mundo da lectura,cheo de novas aventuras, novas xentes, viaxar ao longo do
tempo e que os libros nos trasladen dun lugar a outro facéndonos vivir as
historias dos seus heroes, de diversas épocas, lugares fantásticos será o noso
tesouro. Neste curso temos un grupo de “Piratitas”, de trece alumnos/as, de 1º
ESO e 2ºESO, teremos tamén un club de Física e Química, de Bioloxía e
Tecnoloxia, e de Música.
O Club de Física e Química
iniciou o xoves 13 a súa viaxe, cheos de ilusión e intriga polo que acontecerá
neste tempo de navegación.
Dende aquí desexámosvos
moita sorte e boa travesía. Cando cheguedes ao porto, tedes que contar a vosa
bitácora de viaxe.