jueves, 4 de diciembre de 2014

UN ESTUPENDO FINAL



Os piratitas tamén soltaron lastre e ... dunha forma estupenda, xa que se encontraron coa autora de "O agasallo de Anya",  Sabela Nuñez Singala, e puideron compartir con ela esa estupenda lectura coa que estivemos inmersos durante varias sesións.
 

Sabela apareceu coa súa maletíña , cunha amplo sorriso e ansiosa de ver os piratitas. Por outra parte, os piratitas tamén desde primera hora da mañá estaban ansiosos de provocar o encontro, pois comezaron a chegar os primeiros postres para compartir con todos e regalar a Sabela.


Na semana anterior entre todos fixemos un pequeno caderno que serviu para escribir todas as conclusións e agradecemento por unha lectura tan chea de valores, e que ela hoxe levou cunha grande ilusión na súa maleta que pouco a pouco se vai enchendo de  pequenos obxectos que teñen un denominador común.


GRAZAS POR RECORDARNOS ONDE ESTÁ REALMENTE A FELICIDADE :) :)