ACABA O CURSO 2014/15 NO IES
ENRIQUE MURUAIS
E O CLUB DE LECTURA “OS PIRATAS
DO EO” DESPÍDENSE ATA SETEMBRO
Os “piratitas” e os “piratas” do
Club de lectura do IES Enrique Muruais de A Pontenova quere
despedirse desde o blog cun: Ata o vindeiro curso!!
Coas nosas reunións semanais
conseguimos crear un espazo único no que demos cabida á análise e á reflexión,
compartido ideas e sentimentos. E todo mediante o xogo e o diálogo libre, que
permitiu manifestar dúbidas, saciar curiosidades, e, sobre todo, coñecernos un
pouquiño mellor e pasar momentos moi agradables. E todo esto arredor dun libro,
que marabilla!... e dalgunha lambetada!!
A ninguén lle importou ser ou non
o alumno máis brillante da clase, o máis ou menos popular, o mellor ou o peor
deportista. Aquí só nos importa saber que desfrutas coa lectura.
Comezamos o curso desfrutando con
“O agasallo de Anya” de Sabela Núñez
Singala, profesora do noso Centro e coa que poidemos conversar sobre a súa
experiencia. Continuamos con outras obras de Alfredo Gómez Cerdá, autor que
tamén nos honrou coa súa visita. Seguimos con Vicente Muñoz Puelles, Daniel Glattauer,
Isaac Asimov e finalizamos con Carlos Negro. Ah!! e non olvidar que recibiremos
a Carlos Negro o 29 de setembro do novo curso.
Esperamos seguir adentrándonos no
mundo da imaxinación con novelas de misterio, romántica, ciencia-ficción,
cómic, realista ou fantástica… Pero no próximo curso que AGORA IMOS DE
VACACIOOOOOOOOOOOOÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!