sábado, 15 de octubre de 2016

BENVIDOS A NOVOS VIAXES (Curso 2016-2017)





 Comeza un novo curso, e dende a B.E. afrontámolo con ilusión e con ganas de continuar fomentando o hábito de lectura do noso alumnado, co obxectivo de axudarlles a medrar en coñecementos.
Este ano poñemos rumbo norte e diante de nós preséntase o apaixonante mundo da lectura,cheo de novas aventuras, novas xentes, viaxar ao longo do tempo e que os libros nos trasladen dun lugar a outro facéndonos vivir as historias dos seus heroes, de diversas épocas, lugares fantásticos será o noso tesouro. Neste curso temos un grupo de “Piratitas”, de trece alumnos/as, de 1º ESO e 2ºESO, teremos tamén un club de Física e Química, de Bioloxía e Tecnoloxia, e de Música.   



O Club de Física e Química iniciou o xoves 13 a súa viaxe, cheos de ilusión e intriga polo que acontecerá neste tempo de navegación.

Dende aquí desexámosvos moita sorte e boa travesía. Cando cheguedes ao porto, tedes que contar a vosa bitácora de viaxe.