viernes, 20 de febrero de 2015

EL TESORO MÁS PRECIOSO DEL MUNDO

No club de lectura vimos como "Flor" ía a todas partes cunha maleta na que gardaba títeres e "Nomeacuerdo" era un escritor cunha imaxinación desbordante ao que se lle olvidaban as cousas. Xuntos montaron unha divertida obra de teatro que saltou das páxinas do libro ao noso club. Tamén vimos como nesta obra se combinan dous xéneros literarios, a narrativa e o teatro de títeres. Foi un libro entretido que lemos "de boa gana", divertiunos e aprendemos moito cos personaxes. Flor e Nomeacuerdo chegaron a unha grande amizade, "El tesoro más precioso del mundo", creando unha obra na que mostran o que pensan e sinten. Despois da representación, descubrimos que hai outro tesouro igual ou máis precioso, o amor. E para rematar, esperamos con ilusión a visita do autor Alfredo Gómez Cerdá ao noso centro, o vindeiro mércores 25 de febreiro.