viernes, 27 de febrero de 2015

UNA TARDE ESTUPENDA

Unha historia de piratas, un caderno de matemáticas e moita imaxinación son a mistura perfecta para comezar a esbozar historias aderezadas por unha imaxinación sen fin. O noso  agradecemento para Alfredo leva, pois, parte deses soños que el tan ben nos soubo transmitir, pois grazas a el sabemos que estes poden ser posible.

Aparte de ensinarnos o que podemos chegar a alcanzar todas aquelas metas que nos propoñamos resultounos moi gratificante a súa forma amena, e divertida de solventar todas aquelas dúbidas que rondaban pola nosa mente trala lectura dos seus libros.
Na nosa cabeza quedan, pois, as reflexións acerca das consecuencias das accións que, a miúdo, non toman referentes éticos e son motivadas pola incomunicación entre as persoas.


A súa cercanía a seguridade e a confianza que nos desprendía axudou a tender unha sólida ponte entre cada un dos que o estábamos escoitando e a súa prolifera imaxinación. Así mesmo, foron moitos os/as que, sen dúbida, se identificaron con esa especial conexión coa escritura, que ben podia ser calquera outra arte ou disciplina.


Non nos queda máis por dicir que, como piratas que somos aprendemos unha boa lección que ha de fortalecer con total seguridade, a nosa forma de ver o mundo e de relacionarnos entre nós. seguimos vagando polos mares do mundo literario intentando buscar novos destinos pero tendo sempre claro que xa atopamos o mais fermoso dos tesouros..........